BUSINESS FACTORY FOOD: XORNADA DE PRESENTACIÓN DA SEGUNDA CONVOCATORIA
A Xunta, a Universidade da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organizan unha xornada de información o vindeiro 31 de outubro ás 11.30 h na que se presentará a segunda convocatoria da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora galega do sector agroalimentario impulsada polo Goberno galego e Clusaga.
No acto, que terá lugar no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) na cidade da Coruña (As Carballeiras s/n, Campus de Elviña), os participantes poderán coñecer os retos e oportunidades que ofrece a segunda convocatoria, proxectos de innovación seleccionados na primeira edición e os apoios institucionais cos que conta esta aceleradora. Ademais, representantes de empresas tractoras e agrupacións empresariais exporán as claves para mellorar a competitividade das empresas do sector a través da innovación.
A BFFood é unha iniciativa promovida polo Igape, Gain, XesGalicia e Clusaga, na que colaboran empresas galegas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nueva Pescanova, Bodegas Martín Códax, Kiwi Atlántico, Calvo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Núñez. Ademais, participan entidades como as Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, Anfaco-Cecopesca, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Gradiant, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación Feuga.
Programa da xornada
Máis información da BFFood
|
|
|
|