XORNADA INFORMATIVA: A FENDA SALARIAL, UNHA ANÁLISE DA REALIDADE
Afondar na situación laboral con respecto a fenda salarial é o obxectivo do encontro que se desenvolverá o próximo martes 26 de marzo a partir das 9.30 horas, en Vigo, na sede de Afundación (rúa Policarpo Sanz, 24-26).
Nesta xornada informativa, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, debaterase sobre a fenda salarial na negociación colectiva e haberá mesas redondas sobre accións para a igualdade, así como sobre os retos de futuro, experiencias e boas prácticas neste eido.
Os interesados en asistir a este evento deben confirmar asistencia antes do vindeiro 22 de marzo.
Programa
Confirmación de asistencia: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal ou 669962249
|
|
|
|