ÚLTIMOS DÍAS! PROGRAMA REACCIONA TIC: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O PRÓXIMO 21 DE MARZO
O próximo xoves, 21 de marzo, remata o prazo para a presentación de solicitudes ao abeiro da vixente convocatoria do programa Re-acciona TIC, impulsado polo Igape co obxecto de achegar ás empresas servizos especializados para facer fronte aos retos e aproveitar as oportunidades relacionadas coa mellora da competitividade a través da Industria 4.0.
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 10 de xaneiro as bases reguladoras das axudas para desenvolver, co apoio do Igape, servizos xenéricos de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0 o para a posta en marcha de solucións propias da 4.0 ou xeración de modelos de simulación industrial nas pemes galegas.
Solicitudes
Máis información
|
|
|
|