BUSINESS FACTORY AERO: ACTO DE PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA CONVOCATORIA
A Xunta de Galicia presenta a primeira convocatoria da Business Factory Aero (BFAero), a primeira aceleradora galega do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados, o vindeiro 7 de febreiro de 2019 ás 12.00. O acto terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación, Gain (rúa Airas Nunes s/n, Santiago de Compostela).
A iniciativa, desenvolta a través do Igape, Gain e Xesgalicia, e xestionada pola Fundación CEL, conta co apoio de dúas empresas líderes no sector e con proxección internacional, Indra y Babcock, o centro tecnolóxico CTAG e outras entidades representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.
Os proxectos emprendedores e as pemes do sector interesados en participar nas fases de incubación e aceleración da BFAero poden presentar as súas solicitudes ata o 28 de febreiro de 2019. Poden participar, ademais, todas as institucións e empresas interesadas en impulsar un ecosistema de innovación aberta no ámbito aeronáutico.
Programa e inscricións acto de presentación
Máis información da BFAero
|
|
|
|