XORNADA INTERNACIONALIZACIÓN: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN MÉXICO
O Igape organiza os días 21, 22 e 23 de xaneiro en tres cidades galegas as Xornadas México en Galicia, nas que se dará a coñecer o país azteca e as súas oportunidades de negocio para as empresas galegas. A presentación correrá a cargo da directora da Antena do Igape en México, Adriana Cao, quen tamén atenderá as consultas individuais dos participantes.
- Luns 21 de xaneiro, Santiago de Compostela (sede Igape, San Lázaro s/n) programa
- Martes 22 de xanerio, Lugo (edificio administrativo Xunta de Galicia, Ronda da Muralla 70) programa
- Mércores 23 de xaneiro, Ourense (sede Confederación Empresarial de Ourense, Praza das Damas 1) programa
Nas mesmas xornadas, o Igape presentará os seus programas de axuda á internacionalización 2019, as subvencións e os servizos a disposición das empresas galegas que están no seu proceso de internacionalización.
Inscrición nas xornadas e solicitude de entrevista individual coa directora da Antena de México
Máis información: jcrg@igape.es
|
|
|
|