BUSSINES FACTORY AERO: ABERTA A CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA PRIMEIRA ACELERADORA GALEGA DO SECTOR AERONÁUTICO
No marco do programa Civil UAVs Initiative, a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a Business Factory Aero (BFAero), a primeira aceleradora galega do sector aeronáutico, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras nese eido.
Todos aqueles proxectos emprendedores do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados en Galicia que necesiten validar o seu modelo de negocio, así como as pemes do sector que precisen sistematizalo e consolidalo, poden presentar as súas solicitudes para participar nas fases de incubación e aceleración que promoverá a BFAero. A convocatoria estará aberta ata o 28 de febreiro de 2019.
A iniciativa, desenvolta a través do Igape, Gain e Xesgalicia, e xestionada pola Fundación CEL, conta co apoio de dúas empresas líderes no sector e con proxección internacional, Indra y Babcock, o centro tecnolóxico CTAG e outras entidades representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego. Poden participar, ademais, todas as institucións e empresas interesadas en impulsar un ecosistema de innovación aberta no ámbito aeronáutico.
Máis información
|
|
|
|