"O MUNDO QUE VÉN", QUINTA EDICIÓN. 4 DE DECEMBRO, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organiza conxuntamente coa Xunta de Galicia e a través do Igape, a quinta edición do evento “O mundo que vén”, que se celebrará o próximo 4 de decembro en Santiago de Compostela, contando coa colaboración do Círculo Financiero de Galicia.
Como actividade central do programa Capacita Directivos impulsado pola Xunta de Galicia conxuntamente con APD, o obxetivo das xornadas “O mundo que vén” é procurar que os directivos das empresas galegas levanten a mirada das ocupacións cotiás para descubrir as novas tendencias en xestión empresarial e poidan anticipar o xeito en que os cambios por vir afectarán as súas empresas.
Entre os ponentes da V Edición de “O mundo que vén” estarán Jorge Dezcallar, ex-embaixador en EEUU, Marrocos e Vaticano e ex-director do CNI; Daniel Innerarity, catedrático de Filosía Política e Social da Universidade do País Vasco; Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial e Antonio G. Vicente de APD Kids.
Aforo limitado.
Programa e inscricións
Código invitación Igape: I185SW3Z
|
|
|
|