ENCONTRO SOBRE DESEÑO E INNOVACIÓN EMPRESARIAL. MARTES 13 DE NOVEMBRO, EN FERROL
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebra o martes 13 de novembro en Ferrol, no CIS Galicia (A Cabana s/n), o encontro “Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”, que ten como obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial.
Os participantes terán ocasión de coñecer o impacto positivo da actividade asociativa sobre o desenvolvemento do deseño tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, e ademais poderán compartir as experiencias de transferencia de coñecemento e talento á industria que exporán as principais escolas de deseño galegas.
Como parte do Programa de Deseño para a Innovación 2020 desenvolto pola Xunta, a xornada busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o establecemento de contacto entre os e as profesionais e asociacións do deseño, a industria galega e as institucións académicas vinculadas ao sector.
Programa e inscricións
|
|
|
|