OS RESULTADOS DO ESTUDO “OPORTUNIDADES INDUSTRIA 4.0 EN GALICIA”, NA WEB DO IGAPE
Un diagnóstico do nivel tecnolóxico actual de sectores industriais estratéxicos da economía de Galicia (aeronáutica, agroalimentación e bio, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, metalmecánico, naval, pedra natural, téxtil/moda e TIC) é o resultado da investigación promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, elaborada polo Igape en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga). O estudo mostra, ademáis, as oportunidades de adopción tecnolóxica das Pemes galegas, no curto e medio prazo, no escenario 4.0.
As conclusións do traballo pódense consultar na páxina web do Igape, onde están dispoñibles, entre outros documentos, a análise realizada por sectores produtivos, así como a avaliación do estado actual da madurez das tecnoloxías emerxentes e das oportunidades do tecido industrial galego ao abeiro da Industria 4.0. |
|
|
|