XORNADA TÉCNOLÓXICA DE PRESENTACIÓN DE PRODUTOS TIC E DAS SÚAS APLICACIÓNS A OUTROS SECTORES
A Xunta, a través do Igape, promove a xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores desenvolvidos por empresas TIC galegas que se celebrará mañá xoves, 19 de abril, de 9.30 a 14 horas, na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), en Santiago de Compostela.
No acto, organizado polo Clúster TIC Galicia, as persoas asistentes terán a oportunidade de observar de primeira man como os produtos 4.0 ofrecen solucións para paliar as carencias que teñen neste eido as empresas galegas ao tempo que contribúen á mellora das súas oportunidades de negocio. Ademais, poderán coñecer, nunha exposición práctica, a aplicación inmediata das innovacións aos diversos sectores nos que poden ter mercado.
Programa e inscricións
|
|
|
|