XORNADA SOBRE AS NOVAS FORMAS DE TURISMO VINCULADAS AO CONSUMO DE VIÑOS AUTÓCTONOS
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, organiza mañá mércores, 18 de abril, unha xornada sectorial sobre a crecente demanda de formas de viaxar nas que o consumo de viños autóctonos xoga unha papel primordial na elección do lugar de destino.
No acto, que terá lugar no Museo do Viño de Cambados (avenida da Pastora 104) a partir das 9.30 horas, participarán, entre outros, representantes das Bodegas Martín Códax e das empresas de viaxes Siente Galicia e Trazers, que compartirán cos asistentes ás súas experiencias de participación no programa Re-acciona desenvolvido polo Igape.
Programa e inscricións
|
|
|
|