A ERA TECNOLÓXICA: UN DESAFÍO PARA AS EMPRESAS E OS SEUS LÍDERES. VENRES 16 DE MARZO, EN SANTIAGO
A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e Audicon organizan, en colaboración coa Xunta de Galicia, o encontro A ERA TECNOLÓXICA: UN DESAFÍO PARA AS EMPRESAS E OS SEUS LÍDERES, que se celebrará o venres 16 de marzo, a partir das 9 horas, no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro 23), en Santiago de Compostela.
A xornada incluirá relatorios a partir de casos prácticos sobre o liderado para a inovación, o desenvolvemento de negocios no mundo dixital, a tecnoloxía no sector primario e a fenda dixital de xénero.
Máis información e inscricións
O código de invitación do IGAPE para inscribirse é I182VPOR
|
|
|
|