XORNADA SOBRE A TRANSICIÓN ENERXÉTICA CARA A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO
A Consellería de Economía, Emprego e Industria promove, co motivo da celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, unha xornada técnica sobre a Transición enerxética cara a unha economía baixa en carbono.
A xornada técnica, organizada polo Inega coa colaboración do Igape, desenvolverase o próximo lunes, 5 de marzo, en Lugo, e incluirá relatorios sobre o presente e o futuro da enerxía eólica, e sobre cambio climático e transición enerxética.
O encontro comezará, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo, ás 10 da mañá e rematará, arredor das 12, cun networking cos asistentes.
Información e inscricións: inega.cursos@xunta.gal (981 541 509) Programa
|
|
|
|