ENCONTRO EMPRESARIAL. GALICIA 4.0. O CAMIÑO CARA UNHA INDUSTRIA INTELIXENTE. RETOS DA NOVA ECONOMÍA DIXITAL
Informar ás empresas sobre as claves e as oportunidades que a industria 4.0 pode achegar ao tecido empresarial galego, a dixitalización e as fábricas intelixentes, son algúns dos obxectivos da xornada específica que se desenvolverá o próximo mércores, 8 de novembro, a partir das 9 horas, na sede do Club Financeiro Santiago (Letonia, 2-Edificio Querqus, polígono Costa Vella).
Este encontro empresarial, organizado conxuntamente pola Xunta de Galicia, APD e o Círculo Financeiro de Galicia, incluirá unha mesa redonda sobre o papel das persoas e as tecnoloxías no camiño cara a unha industria intelixente en Galicia, e contará con relatorios e exemplos de avances no ámbito 4.0 por conta de varias empresas galegas como Plexus ou Itelsis, entre outras.
Máis información e inscricións
|
|
|
|