PROGRAMA XESTORES DE EXPORTACION.
Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013, para o exercicio 2015 .
Novidade:
Ademáis da alternativa de contratación laboral, as empresas poden dispor, mediante contratación prestación de servizos,da figura do xestor de internacionalización a tempo parcial, profesionais autónomos con formación en comercio exterior e/ou experiencia en dito ámbito.
Recórdase:
- O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.
- As contratacións deben facerse preferentemente en xaneiro xa que o periodo de execución dos 6 meses de contratación subvencionable remata o 20 de xullo de 2015.
- Para poder ser beneficiario das axudas é necesario contar cun diagnóstico positivo de potencial de internacionalización realizado gratuitamente polo Igape. No caso de non telo, poderá [solicitalo de forma gratuíta].
[Información adicional] |
|
|
|