XORNADA TÉCNICA SOBRE O PLAN DE INVESTIMENTOS PARA EUROPA PROMOVIDO POLA CE E O BEI
A Deputación da Coruña (avda. Porto da Coruña, 2) acollerá o próximo 5 de maio, a partir das 9:30 horas, unha xornada técnica para empresarios sobre o Plan de Investimentos para Europa, promovido pola Representación en España da Comisión Europea e o Banco Europeo de Investimentos.
A xornada ten como obxectivo explicar as prioridades económicas, as reformas e as vantaxes prácticas que achega este plan de investimentos para empresarios, axentes sociais e cidadáns galegos en xeral.
O encontro incluirá relatorios sobre o Plan de Investimentos para Europa, a cargo da economista senior da representación da CE en España, Ann Westman; sobre o Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos, por conta de Alberto Barragán e Patricio Peixoto, representantes do BEI en España e Galicia; e sobre os instrumentos para relanzar os investimentos en Galicia, a cargo do director xeral do Igape, Javier Aguilera.
Os interesados en asistir deben inscribirse a través do correo electrónico: plandeinversioneseuropa@medialunacom.es
Máis información: 91 567 01 72
|
|
|
|