XORNADA TÉCNICA, A TRAVÉS DA REDE CEMIT, SOBRE AS NOVAS LIÑAS DE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
A Consellería de Economía, Emprego e Industria activou novas liñas de apoio para facilitar os investimentos empresariais e dos emprendedores, para o acceso a circulante para Pemes, a mellora da competitividade, a incorporación de innovación, a internacionalización, a modernización do comercio, a creación de emprego ou a eficiencia enerxética.
Co obxectivo de difundir estas novas convocatorias, con prazos de presentación de solicitudes que, nalgúns casos, rematan en datas próximas, a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a desenvolver un amplo programa de xornadas técnicas sobre o territorio.
Para reforzar este labor de difusión, o próximo xoves, 11 de febreiro, a partir das 11:30 horas, as aulas da plataforma da rede CEMIT abaixo relacionadas facilitarán o seguimento da xornada técnica desenvolvida, mediante videoconferencia, segundo o seguinte programa.
As persoas interesadas en seguir esta xornada técnica deberán inscribirse enviando previamente un correo electrónico ao enderezo a aula onde desexen asistir:
-
Fisterra,cemit.fisterra@xunta.es
-
Ortigueira, cemit.ortigueira@xunta.es
-
Pontedeume, cemit.pontedeume@xunta.es
-
A Fonsagrada, cemit.afonsagrada@xunta.es
-
Barreiros, cemit.barreiros@xunta.es
-
Monforte de Lemos, cemit.monforte@xunta.es
-
Sarria, cemit.sarria@xunta.es
-
Celanova, cemit.celanova@xunta.es
-
Leiro, cemit.leiro@xunta.es
-
A Guarda, cemit.aguarda@xunta.es
-
Cuntis, cemit.cuntis@xunta.es
-
Valga, cemit.valga@xunta.es
-
A Estrada, cemit.aestrada@xunta.es
A localización física das aulas adheridas pode consultarse nesta dirección
Nos próximos días informaremos sobre as novas aulas locais que se vaian incorporarando a esta xornada en liña.
|
|
|
|