PRÓXIMA FINALIZACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DA LIÑA DE APOIO Á CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN
• Beneficiarios: Pemes que xa contrataran ao xestor a partir do 4 de xaneiro de 2016 ou que estean interesadas contratalo no caso de resolución favorable da solicitude de axuda.
• Subvención de 80% ou 85% do salario neto da contratación por conta allea a tempo total ou a media xornada por un periodo de 15 meses.
• Solicitude da axuda sinxela, mediante un cuestionario de solicitude no que se require só información da empresa, aos efectos de facer unha resolución provisional áxil -na que se informa da posibilidade de acceso á subvención en función do baremo e do orzamento- e que abre prazo de dous meses para contratación do xestor -no caso de non estar contratado previamente-.
• O prazo para presentación de solicitudes remata o 19 de febreiro de 2016.
• Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse únicamente por vía electrónica.
• Orzamento dispoñible para estas axudas: 1.000.000€
A nova convocatoria constitúe unha oportunidade para incorporar nas empresas a profesionais con formación en comercio exterior que faciliten o acceso a novos mercados.
Ademáis, estos xestores poden colaborar coa empresa en levar a cabo actuacións de promoción no exterior subvencionadas a través da liña Galicia Exporta Empresas.
Información adicional
|
|
|
|