XORNADA TÉCNICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE AS NOVAS LIÑAS DE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar novas liñas de apoio para facilitar os investimentos empresariais e dos emprendedores, o acceso a circulante para Pemes, a mellora da competitividade, a internacionalización, a incorporación de innovación ou a eficiencia enerxética.
Co obxectivo de difundir estas novas convocatorias entre as empresas e emprendedores, a Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza o próximo luns, 25 de xaneiro, a unha xornada técnica que se desenvolverá, partir das 12 horas, na sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Ademais, durante a próxima semana haberá xornadas técnicas sobre o novo marco de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña (26 de xaneiro, 12 h.), O Carballiño (día 26, 19 h.), Vigo (27, ás 12 h.), Mos (27, ás 19h.) e Xinzo de Limia (día 29, ás 19h.)
|
|
|
|