NOVA LIÑA DE APOIO DO IGAPE PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN POLAS PEMES GALEGAS
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar novas liñas de apoio aos investimentos empresariais, investimentos de emprendedores, circulante para Pemes, mellora da competitividade e internacionalización. Entre elas está a nova convocatoria de axudas do Igape para apoiar a contratación de xestores de internacionalización polas Pemes galegas.
Destinatarias:
- Pemes que xa contrataran ao xestor a partir do 4 de xaneiro de 2016 ou que estean interesadas contratalo no caso de resolución favorable da solicitude de axuda.
- Subvenciona ata o 85% a contratación por conta allea a tempo total ou a media xornada.
- A solicitude da axuda sinxela, mediante un cuestionario de solicitude no que se require só información da empresa, aos efectos de facer unha resolución provisional áxil -na que se informa da posibilidade de acceso á subvención en función do baremo e do orzamento- e que abre un prazo para contratación do xestor -no caso de non estar contratado previamente-. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse únicamente por vía electrónica.
A nova convocatoria constitúe unha oportunidade para incorporar nas empresas a profesionais con formación en comercio exterior que faciliten o acceso a novos mercados.
Información adicional
|