PROXECTO ENTIC. PRESENTACIÓN DE ESTUDOS SOBRE EFICIENCIA E DIVERSIFICACIÓN ENERXÉTICA
A sede da Confederación Empresarial de Ourense acollerá, o próximo día 21 de outubro, a presentación dos estudos sobre eficiencia e diversificación enerxética elaborados ao abeiro do Proxecto europeo ENTIC, liderado polo Igape.
A presentación dos estudos farase durante unha xornada técnica que se desenvolverá na sede da CEO (Praza das Damas, 1), o próximo mércores, a partir das 12:30 horas.
O encontro contará tamén coa participación dos expertos que presentarán os seus traballos sobre a incidencia da eficiencia e a diversificación enerxética no tecido empresarial de Galicia e Norte de Portugal, sobre o capital humano e as TIC verdes e sobre as solucións TIC para mellorar a eficiencia e a diversificación enerxética.
Programa e inscricións
|
|
|
|