SERVIZO DE LICITACIÓNS INTERNACIONAIS (SALT): PROXIMAS ACTIVIDADES
O Servizo de Licitacións Internacionais (SALT) é un servizo impulsado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) co obxectivo de facilitar a internacionalización das empresas galegas achegándoas ao mercado das contratacións promovidas polos organismos multilaterais de desenvolvemento (OMD), principalmente os bancos multilaterais de desenvolvemento, axencias das Nacións Unidas e os organismos financeiros da Unión Europea.
Próximas actividades programadas:
- 21 Outubro 2015 Seminario | Desenvolvemento de Negocio, Rexistro e Achegamento ao Mercado das Nacións Unidas.
- 27 Outubro 2015 – 31 Decembro 2015 | Plan de acompañamento| Avanzar no Mercado Multilateral - Programa de Especialización en Licitacións Internacionais: identificación de oportunidades, xestión de consorcios e elaboración de ofertas.
- 05 Novembro 2015 Seminario | Organizar Internamente un Procedemento Avanzado de Xestión de Información Multilateral.
Información adicional: www.salt.ceg.es | info@salt.ceg.es | 981 555 888
|
|
|
|