V SEMANA INTERNACIONAL DEL CONTRACT GALICIA
O IGAPE organiza a V Edición da Semana Internacional Contract Galicia que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional. Terá 3 actividades diferenciadas ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse, a través da web do IGAPE, en función do seu perfil.
Xornada Inaugural. Luns 28 setembro de 9.30 a 16.00.
Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional. Inscrición gratuíta
Prazas limitadas.
Encontros B2B. Cunha duración máxima 20 minutos para favorecer a rotación: Luns 28 setembro de 16 a 19 horas e Martes 29 setembro de 10 a 14.30.
Entre empresas/industria galega e prescriptores internacionais para favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. Inscrición gratuíta
Prazas limitadas.
Mesa de traballo sobre Florida-Miami. Luns 28 setembro de 16 a 17 horas.
Actividade dirixida a empresas galegas que teñan USA como país obxectivo e/ou que teñan presencia/acción comercial activa no devandito mercado. Inscrición gratuíta
Prazas limitadas.
Para máis información:
Begoña Igrexas Garrote 981541678
Adriana Goméz Pardiñas 981541113
Programa
|
|
|
|