O Proxecto ENTIC, www.entic.eu enmárcase na iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no que participan 9 socios, liderados polo IGAPE. ENTIC ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento e a incorporación ás pemes de medidas de eficiencia enerxética apoiadas en solucións TIC como factor de competitividade.
Nesta xornada de peche:
1.- Presentaránse os resultados do proxecto
2.- Falarase das oportunidades que traerá consigo o novo período de programación FEDER 2014-2020
3.- Contarase coa participación de Jorge Morales de Labra, experto no sector que ten promovido e dirixido empresas con presenza en todas as ramas do sector eléctrico: dende a producción ata a venda ao consumidor final, pasando pola xestión de redes; este experto falará sobre a importancia do deseño da tarifa eléctrica no aforro e eficiencia enerxéticos e o papel do autoconsumo.
4.- Finalmente terá lugar un debate coa participación dos clústeres galegos do sector enerxético máis representativos.
Asistencia gratuíta - aforo limitado.
Programa da xornadaInscrición