ACCESO A NOVOS MECANISMOS DE FINANCIAMENTO PARA PROXECTOS TIC. FORMACIÓN EN LIÑA. PROGRAMA ACEINT
No marco do programa ACEINT de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal (POCTEP), ao longo do mes de agosto e ata principios de setembro, vaise desenvolver unha actividade formativa que vira arredor do financiamento dos proxectos no sector das TICS.
A actividade formativa é gratuíta, flexible, en formatos e contidos adaptados aos destinatarios da acción, que son todos os emprendedores inmersos nalgunha iniciativa empresarial do sector TIC da Eurorrexión Galicia-Portugal. Mediante un conxunto de actividades e recursos formativos, o que se pretende é que se poida minimizar a diferencia que se produce entre o número de proxectos que aparecen e o número de empresas que presentan unha estrutura equilibrada de financiamento, a que permite arrincar e consolidar as boas ideas que están xurdindo na contorna.
Neste enlace atópase a información sobre o programa, o calendario e o modo de formalizar a inscrición para participar, así como coñecer os obxectivos, metodoloxía e as persoas que serán as facilitadoras desta aprendizaxe, a través da rede e na propia web do programa ACEINT.
|