El plazo de presentación finalizó el 08/10/2008

FOMENTO DO USO DAS NTIC A TRAVÉS DA IMPLANTACIÓN DO TELETRABALLO PARA MELLORA DA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Finalidad / Objetivo

A adquisición de equipamentos informáticos para a implantación do teletraballo en empresas autónomas, microempresas e pequenas empresas galegas para o fomento do uso na empresa das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (NTIC), como medida de conciliación da vida laboral e familiar

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) As empresarias autónomas, as sociedades unipersoais das que é titular unha muller e as pequenas empresas e microempresas participadas maioritariamente por mulleres que formalicen, a partir do 1 de xaneiro de 2008, polo menos, un acordo de teletraballo por un período de tempo non inferior a un ano cunha traballadora ou un traballador vinculado á empresa por contrato laboral, preferentemente indefinido.

b) Os empresarios autónomos, sociedades unipersoais e pequenas empresas e microempresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igualitaria á masculina, e que formalicen, como mínimo, un acordo de teletraballo por un período de tempo non
inferior a un ano cunha traballadora vinculada á empresa por contrato laboral, preferentemente indefinido.

2. Para os efectos desta resolución poden participar as empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan o domicilio social e exerzan unha actividade económica en Galicia e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude da axuda. Dentro da categoría de pequena empresa defínese aquela que ocupa a menos de 50 persoas cun balance xeral anual inferior aos dez millóns de euros, e dentro da categoría de microempresa defínese a que ocupa menos de 10 persoas e cun balance xeral anual que non supera os dous millóns de euros.

Inversiones o gastos computables

Estas axudas están destinadas ao financiamento dos investimentos en equipamentos informáticos e de comunicación que a empresa debe realizar para o exercicio profesional na modalidade de teletraballo das súas traballadoras e/ou traballadores. É subvencionable a adquisición daqueles compoñentes de hardware necesarios para o exercicio do teletraballo segundo as necesidades que se definan na memoria e orzamentos que se xuntan á solicitude tendo en conta os límites establecidos nesta resolución. Non é subvencionable o software nin outro tipo de gasto distinto do sinalado; así mesmo non son obxecto de subvención os tributos e impostos indirectos susceptibles de repercusión, de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuantía de las ayudas

As axudas consistirán nunha subvención de até o 75% do investimento, e por unha soa vez, co tope de 3.000 euros por traballadora ou traballador e o límite máximo de 30.000 euros por empresa.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Esta subvención será compatible con outros programas elaborados polas administracións públicas, agás que se trate de subvencións do mesmo tipo, concepto e finalidade.

O réxime de concesión é de concorrencia competitiva, trátase de axudas de minimis polo que en ningún caso se poderá superar o importe máximo deste tipo de axuda no período de tres exercicios fiscais para a mesma empresa.

Referencia legislativa

Resolución do 27 de agosto de 2008 (DOG Nº173 do 08/09/2008) - Bases reguladoras e convocatoria 2008

Información y tramitación en

As solicitudes presentaranse, preferentemente, no rexistro do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Tlfno: 981 545366

Observaciones

A xustificación poderase presentar desde o momento da aceptación da subvención ata o 5 de decembro de 2008