Axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 sobre o mercado de traballo.
Este programa ten, pola súa vez, dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo:
Liña de incentivos á contratación por conta allea.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
Liña de incentivos ás accións formativas no cento de traballo (opcional).
Está dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde de convocatoria, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo
Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.
2. Os centros especiais de emprego.
3. As empresas do mercado ordinario de traballo.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:
1. Ás contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixo-descontinuo, realizadas desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.
2. Ás contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.
Quedan excluídos os contratos para a formación e aprendizaxe.
3. Ás transformacións de contratos temporais en indefinidos, incluídos os fixos-descontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.
Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos temporais formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e aprendizaxe), de remuda ou de sustitución por anticipación da idade de xubilación.
4. Aos incrementos de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que se acade o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
1. As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos, de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser cunha xornada a tempo completo.
As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixos-descontinuos, de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
2. As contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ter unha duración inicial mínima de doce meses.
As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ter unha duración inicial mínima de tres meses.
Respecto da xornada, as contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser a tempo completo.
As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.
Quedan excluídos os contratos para a formación e a aprendizaxe.
3. Nas transformacións de contratos temporais en indefinidos (incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos) realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, o contrato temporal obxecto de transformación deberá estar vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.
Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e a aprendizaxe), de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.
Respecto da xornada, nas transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos os contratos (o temporal que se transforma e o indefinido) deberán ser a tempo completo.
As transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Nas transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos contratos (o temporal que se transforma e o indefinido fixo-descontinuo) deberán ser a tempo completo.
As transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido fixo-descontinuo sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
Incentivarase a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que non transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais subscitas sen ruptura de continuidade.
No suposto de que a transformación se produza con anterioridade á duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo, na mesma contía, o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.
4. Os incrementos de xornada, nas contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionables ata acadar o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación.
1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:
a) 6.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada moza.
b) 10.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada parada de longa duración.
c) 12.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha muller desempregada.
d) 16.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
No caso de contratacións na modalidade de fixo-descontinuo, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo (período de actividade do contrato fixo-descontinuo).
2. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda de:
a) 3.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada moza.
b) 5.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada parada de longa duración.
c) 6.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha muller desempregada.
d) 8.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa desempregada con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social e a duración inicial mínima do contrato sexa de 12 meses. Cando a duración inicial mínima do contrato sexa de 3 meses, a contía do incentivo será proporcional ao número de meses de duración do contrato. Nestes supostos, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
- No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
- Se a persoa contratada é maior de 45 anos.
- Persoas Trans.
- Se a persoa contratada é un emigrante retornado.
- Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo V.
4. Os contratos indefinidos iniciais e os temporais formalizados con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas paradas de longa duración e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, incrementaranse, ademais, nun 25 % se a persoa incorporada é unha muller desempregada.
5. As transformacións de contratos temporais en indefinidos que cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde de convocatoria, incentivaranse cunha axuda de:
a) 2.000 euros, cando a persoa traballadora contratada sexa unha persoa moza ou muller.
b) 3.000 euros, se o contrato se celebra cunha persoa con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
No caso das transformacións de contratos temporais en indefinidos na modalidade de fixo-descontinuo, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo (período de actividade do contrato fixo-descontinuo).
Nas transformacións non serán aplicables os incrementos establecidos nos puntos 3 e 4 deste artigo.
6. O incremento da xornada laboral dun contrato indefinido inicial a tempo parcial celebrado con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, ata acadar a xornada a tempo completo, incentivarase cunha contía de 2.000 euros.
Neste suposto non serán aplicables os incrementos de contías establecidos nos puntos 3 e 4 deste artigo.
7. As contías da subvención pola contratación indefinida e temporal das persoas con discapacidade establecidas neste artigo incrementaranse en 1.000 euros pola adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa na que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada.
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2022.
1. As axudas previstas para a contratación indefinida inicial, temporal e transformación de contratos temporais en indefinidos son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar ás administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.
2. As subvencións previstas para a formación son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o financiamento das horas de formación procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
3. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, illadamente ou en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 80 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato que se subvenciona, no caso das contratacións indefinidas, ou o 80 % do custo salarial dunha anualidade ou do tempo polo que se realiza o correspondente contrato que se subvenciona, no caso das contratacións temporais.
4. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Os incentivos establecidos para cada un dos diferentes colectivos previstos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista subvención, correspóndelle a opción á persoa solicitante.
6. Tanto as axudas establecidas á contratación como á formación previstas nesta orde de convocatoria son incompatibles cos contratos para a formación e a aprendizaxe.
Orde do 29 de decembro de 2021 (DOG Nº 19 do 28/01/2022) - Bases reguladoras e convocatoria
Consellería de Emprego e Igualdade. Na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade correspondente:
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881584/ 881881586
Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294688/ 982294259
Email: emprego.lugo@xunta.gal
Avda. Habana, 79
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386823/ 988386825
Email: emprego.igualdade.ourense@xunta.gal
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817077/ 986817768
Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal