El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

TR340E - PROGRAMA II: INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA - IEBT

Finalidad / Objetivo

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e realizar á convocatoria para o ano 2021 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

2. Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día do pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada, mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Requisitos principales del proyecto

- SUBVENCIÓN Á CREACIÓN DIRECTA DE EMPREGO ESTABLE

1. Os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores e promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivarase cada un deles cunha subvención de 6.000 euros.

2. A contía do incentivo será de 8.000 € por cada posto de traballo estable de carácter indefinido creado, cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

3. Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 9.000 euros cando se trate de persoas tituladas universitarias desempregadas.

4. Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 10.000 euros se son persoas desempregadas que posúan o título de doutor.

Esta contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
c) Un 25 % no suposto de persoas maiores de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa incorporada é trans.
No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

5. Serán subvencionables os postos de traballo estables creados entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 dentro do primeiro ano de actividade da empresa, sempre que permaneza vixente a contratación no momento da súa solicitude.

- SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DE ALTA CUALIFICACIÓN

1. As contratacións temporais de persoal técnico de alta cualificación realizadas para prestar servizos nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de que transcorra un ano desde a data de inicio da actividade serán subvencionadas nunha contía equivalente ao 40 % dos custos salariais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por todos os conceptos, cun máximo de 12 mensualidades.
Para acceder a esta axuda, o experto técnico de alta cualificación contratado deberá estar en posesión dun título universitario.

2. Esta subvención terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros e estará condicionada á xustificación pola empresa de que, coas contratacións obxecto de subvención, se suplan carencias ben identificadas para o desenvolvemento da actividade empresarial e o bo fin dela.

3. Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.

- AXUDA PARA O INICIO E POSTA EN MARCHA DA ACTIVIDADE

1. Esta axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade ao abeiro desta orde de convocatoria, de acordo coa seguinte escala:
– 1 posto de traballo: ata 10.000 euros.
– 2 postos de traballo: ata 18.000 euros.
– A partir de 3 postos de traballo: ata 24.000 euros.
O importe da axuda non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables.

2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos necesarios realizados entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da súa actividade e sexan efectivamente xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2021.

3. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Tamén serán subvencionables os cursos que a persoa promotora ou empresaria poida recibir para obter ou mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2021.

Incompatibilidades

1. As subvencións reguladas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas no Programa de promoción do emprego autónomo, no Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, así como no Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para o acceso á condición de socio ou socia traballador ou traballadora dunha cooperativa de traballo asociado, convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

2. As subvencións reguladas neste procedemento serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, a axuda á creación directa de emprego estable e a subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

3. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro deste programa poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 70 % do custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión.

4. Non se poderán imputar os mesmos gastos para as distintas modalidades da axuda previstas nesta orde, agás naqueles casos en que só se toman como referencia para o cálculo da contía do incentivo.

Referencia legislativa

ORDE do 30 de xuño (DOG Nº137 do 20/07/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Información y tramitación en

Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Por Conta Allea

Teléfono: 981544610 / 981957731
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Observaciones

As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.

Exclúense dos beneficios do programa establecido nesta orde:

a) Os empregos de carácter estable realizados con persoas desempregadas que, nos 24 meses anteriores á data de alta na Seguridade Social, prestasen servizos mediante un contrato indefinido en empresas ou grupos de empresas en que as persoas promotoras da empresa solicitante desempeñen o control.

b) As persoas promotoras que, nos tres meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, estivesen de alta na Seguridade Social como traballadoras autónomas ou traballadores autónomos en actividade vinculada ao mesmo sector. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

c) As empresas que desenvolvan actividades empresariais que non coincidan coas do proxecto previamente cualificado como iniciativa de emprego de base tecnolóxica.