El plazo de presentación finalizó el 14/07/2021

TR600A - PROGRAMA I DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

Finalidad / Objetivo

O obxecto deste programa é a axuda económica ás persoas traballadoras autónomas en réxime de estimación obxectiva (Módulos) no IRPF para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de selo caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva (Módulos) que teñan o domicilio fiscal en Galicia e:

- Desenvolva unha actividade económica correspondente a un CNAE do Anexo I do Real Decreto-lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia do COVID-19.

- No caso de desenvolver unha actividade económica nun CNAE non incluído no mencionado Anexo I do Real Decreto-lei 5/2021, do 12 de marzo, acredite unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración no IVE ou tributo indirecto equivalente dun 40% ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables os gastos realizados para:

- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda dos custos fixos incorridos.

Os pagos aos que se refire o punto anterior, deberán tamén:

Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
Os pagos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Cuantía de las ayudas

A axuda concederase por un importe máximo de 3.000 euros cando se trate de persoas empresarias ou profesionais que aplicasen o réxime de estimación obxectiva (Módulos) no IRPF no ano 2019.

As cantidades pendentes de pagamento ás que se refire o artigo 28 da orde da convocatoria, deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá ser superior a aquelas.

Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50% das cantidades indicadas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

Referencia legislativa

Orde do 9 de xuño de 2021 (DOG Nº110 do 11/06/2021) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600
(Horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 18:00 horas)