El plazo de presentación finalizó el 03/03/2020

PROGRAMA DO BONO AUTÓNOMO (TR341Q)

Finalidad / Objetivo

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2018.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) A empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2018

c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2018 realizada inferior a 30.000 euros (segundo a casilla 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

Quedan excluídos desta orde:

a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.

Inversiones o gastos computables

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade a subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

• Investigación de mercado.

• Plan de márketing

• Plan de comunicación do negocio.

• Plan estratéxico do negocio.

• Plan crecemento: constitución sociedade.

• Plan de reorientación do negocio.

• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.

• Plan de refinanciamento.

Tamén se poderán subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2020 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.


Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

• Compra de Maquinaria.

• Compra de utillaxe e ferramentas.

• Reforma do local do negocio.

• Equipos informáticos.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas e páxinas web.

• Creación logotipo do negocio.

• Mobiliario.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.

3. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día seguinte ao da publicación desta orde e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2020.

Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4 Os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen a actividade obxecto da subvención.

Cuantía de las ayudas

Subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG; estará dispoñible a aplicación informática da sede electrónica desde as 9.00 horas do día seguinte á súa publicación no DOG ata as 23.59 horas do día de finalización do prazo.

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

2. As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas que polos mesmos conceptos e gastos poidan outorgar as administracións públicas, agás as outorgadas polo Igape dentro do programa Re-Acciona convocado para o exercicio 2019.

3. Esta axuda é incompatible nos mesmos conceptos de axuda coas subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais convocadas para o ano 2019.

Referencia legislativa

Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG Nº22 de 03/02/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625 / 981957729

Email: autonomos.emprego@xunta.gal