El plazo de presentación finalizó el 31/07/2018

AMPLIACIÓN DA REDUCIÓN DA COTA DA SEGURIDADE SOCIAL PARA A CONSOLIDACIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO (TR341P)

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta durante un período de tempo anterior regulado no dito artigo, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante o número de meses regulados no mencionado artigo, inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Tipos de apoyo

1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de abono polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses, correspondentes aos meses sétimo a décimo segundo seguintes á alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes no que se teña producido a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota, que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Requisitos:

1. Ser, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

2. Empezar o período de seis (6) meses obxecto da subvención regulada nesta orde no exercicio corrente de 2018.

3. Manter as condicións que lles deron dereito a desfrutar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.

4. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuantía de las ayudas

1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

3. O importe mensual da subvención será a diferenza entre a cota que aboaría un autónomo coas condicións establecidas no parágrafo anterior, acollido ás axudas reguladas no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, e a cota fixa mensual establecida durante os meses de desfrute da redución da contía de cotización a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, desde a súa alta inicial.

4. O importe da subvención que se vai conceder permitiralle á persoa traballadora por conta propia ou autónoma manter, durante os seis (6) meses subvencionables, a cota reducida da cal desfruta ou, de ser o caso, desfrutase, durante os meses de desfrute da redución da contía de cotización a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, desde a súa alta, se cotizase pola base mínima establecida con carácter xeral, sen prexuízo das variacións ou actualizacións legais que se poidan producir na base e/ou o tipo de cotización durante o período subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

Para o presente exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 31 de xullo de 2018.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas na orde xeral de autónomos mediante a cal se subvencionan os gastos iniciais de actividade, así como calquera outra establecida nos distintos programas de promoción do emprego autónomo outorgada pola Comunidade Autónoma de Galicia ou por calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, para a mesma finalidade.

Referencia legislativa

Orde do 27 de abril de 2018 (DOG Nº92 do 15/05/2018) - Bases reguladoras e convocatoria 2018

Información y tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO
San Lázaro, s/n - planta 2
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957732 / 981957590 / 981544691
Email: autonomos.emprego@xunta.gal

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º Centro comercial de Elviañ
15008 Coruña, A
Teléfono: 881881582/ 981185893 Fax: 981881581

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

Ronda da Muralla, nº 70 baixo
27071 Lugo
Teléfono: 982294385 Fax: 982294258

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

Avda. da Habana, nº 79- 7ª
32071 Ourense
Teléfono: 988386822 / 988386810 Fax: 988386770

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201 Vigo
Teléfono: 986817008 / 986817016 Fax: 986817010