El plazo de presentación finalizó el 31/07/2017

PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEMES DE NOVA CREACIÓN (TR807I)

Finalidad / Objetivo

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comuni¬dade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego).

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido.
O Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas pro-motoras.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cum¬pran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación (aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de outubro de 2016).
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empre¬sas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xu¬rídica, incluídos os autónomos ou as autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar constituídas e ter iniciada a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cum¬pran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cua¬lificado como iniciativa local de emprego.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expre¬samente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de exe¬cución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
3. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar desas persoas promotoras.

Sectores incentivables

Todos, agás para as actividades que se indican a seguir:

a) Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura.
b) Empresas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, a axuda vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación ou funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
d) Empresas activas no sector do carbón.
e) Adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada, por empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada.
f) Empresas en crise.

Cuantía de las ayudas

- Subvención á xeración de emprego estable

1.-A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas, incentiva¬rase, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 4.000 euros como desempregado en xeral.
Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex¬clusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incre-mentos, sería de 8.000 €.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcio¬nais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.

2.- Cando se trate de contratacións indefinidas de persoas traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade So¬cial previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato obxecto de subvención.

3.- Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de outubro de 2016 e ata o 31 de xullo de 2017.

Subvención para a formación

1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora rea¬lice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.

3. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efecti¬vamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos banca¬rios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xusti¬ficación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2017.
A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

Subvención para o inicio da actividade

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 3.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex¬clusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incre-mentos, sería de 6.000 €.

No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indi¬cados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acredita¬da a aplicación dalgún incremento superior.

2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor en¬gadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algunha das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos re¬feridos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.
3. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde un mes an¬tes ao inicio da actividade empresarial e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2017.
4. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acre-ditada a aplicación dalgún incremento superior.

Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas pro¬motoras.

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.
2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no arti¬go 8 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Se¬guridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
3. Serán subvencionables os gastos da gardaría correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio de actividade ata o fin do período subvencionable e tendo como data límite máxima o mes de xullo de 2017.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finaliza¬rá o 31 de xullo de 2017..

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas,. ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou priva¬dos, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.
2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.
3. As subvencións reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica, emprego autónomo e cooperativas convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, convocadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como con outras que polos mesmos conceptos poi-dan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.
4. A subvención pola xeración de emprego estable polos contratos por conta allea será incompatible coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os ditos in-centivos serán compatibles, de ser o caso, coas bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.
5. As subvencións reguladas nesta orde serán compatibles coa axuda prevista para a adaptación dos postos de traballo regulada nas diferentes axudas de integración laboral das persoas con discapacidade, sendo incompatible co resto das axudas reguladas nos diferentes programas de integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Referencia legislativa

Orde do 10 de maio de 2017 (DOG Nº97 do 23/05/2017) - Bases reguladoras e convocatoria 2017

Información y tramitación en

Consellería de Traballo - Dirección Xeral de Relacións Laborais
Tlfno: 981.544.647

Servizo de cooperativas e Economía Social - Telefono: 981.544.784
http://www.cooperativasdegalicia.com/

Os formularios de solicitude poderán ser obtidos, cubertos e validados pola entidade solicitante a través da aplicación informática á que se accederá pola páxina web da Consellería de Traballo e Benestar (http://traballoebenestar.xunta.es)

Observaciones

Para os efectos deste programa, entenderase por:.

a) Persoa desempregada: aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo o certifi¬cado da mutualidade do colexio profesional, na data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data da alta na Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

A comprobación de carecer de ocupación, segundo o informe da vida laboral da Tesou¬raría Xeral da Seguridade Social, na data da súa alta na Seguridade Social das persoas que se incorporan á empresa para ocuparen os empregos estables creados tidos en conta para o cálculo da subvención, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas..

b) Empregos subvencionables: os postos de traballo creados con carácter estable e que sexan ocupados por persoas desempregadas, incluídos os das persoas promotoras, sem¬pre que non prestasen servizos na mesma empresa en virtude dun contrato de carácter temporal.
c) Persoas promotoras socias: aquelas que figuren como tales na escritura de constitución.
d) Empresas de nova creación: aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de outubro de 2016.
e) Inicio de actividade empresarial: a data de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, a data de alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facen¬da e Administracións Públicas.
f) Período subvencionable: poderán ser obxecto de subvención, ao abeiro deste progra-ma, as actuacións subvencionables que, cumprindo os requisitos de cada tipo de axuda se desenvolvesen desde o 1 de outubro de 2016 e, no caso das entidades do artigo 6.2, sempre que se desenvolvesen no seu primeiro ano de actividade.
g) Persoa con discapacidade: aquela que, de conformidade co establecido no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 1 /2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social (BOE nº 289, do 3 de decembro), presenta deficiencias físicas, mentais, intelectuais e sen¬soriais, previsiblemente permanentes, que, ao interactuar con diversas barreiras, poidan impedir a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións cos demais. Ademais, e para todos os efectos, ten a condición de persoa con discapacidade aquela a quen se lle recoñecese un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considerarase que presentan una discapacidade igual ou superior ao 33 % as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapa¬cidade permanente para o servizo ou inutilidade.
h) Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada no ámbito da parroquia (ZDP), segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os se¬guintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo..
i) Unidade familiar: o conxunto de persoas que, convivindo no mesmo domicilio, estea formado por:
– Aquela persoa pola que se solicite a subvención.
– O seu ou a súa cónxuxe ou parella inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
– Os seus fillos e fillas menores de 26 anos, ou maiores con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %.
– As persoas menores de idade que teña acollidas