El plazo de presentación finalizó el 31/07/2020

FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN (TR807I)

Finalidad / Objetivo

1. Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Tipos de apoyo

Subvencións sometidas ao réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar constituídas e ter iniciado a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cualificado como iniciativa local de emprego.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.

3. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Cuantía de las ayudas

- Subvención á xeración de emprego estable

1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 2.000 euros como desempregado en xeral.

2. Cada posto de traballo estable incentivarase con 4.000 euros para o caso de persoas desempregadas que se encontren nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se estean en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Persoas trans.

Estes incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 euros.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Cando se trate de contratacións indefinidas de persoas traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 70 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato obxecto de subvención. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que estean en situación ou risco de exclusión social.

7. Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de agosto de 2018 e ata o 31 de xullo de 2019.

- Subvención para a formación

1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de maneira que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora que cree o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde realice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.

3. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2019.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidos.

- Subvención para o inicio da actividade

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

2. A contía do incentivo será de 4.000 euros por cada emprego subvencionable cando a persoa desempregada estea nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Persoas trans.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 euros.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algunha das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos referidos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.

7. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde un mes antes ao inicio da actividade empresarial e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2019.

8. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

- Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras, concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 22 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

3. Serán subvencionables os gastos da gardaría correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio de actividade ata o fin do período subvencionable, e tendo como data límite máxima o mes de xullo de 2019 inclusive.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2020, respectando en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes en ningún caso será inferior a un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 80 % do custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.

2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.

3. As subvencións reguladas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica, emprego autónomo e cooperativas convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como con outras que polos mesmos conceptos poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

4. A subvención pola xeración de emprego estable polos contratos por conta allea será incompatible coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

5. As subvencións reguladas neste programa serán compatibles coa axuda prevista para a adaptación dos postos de traballo regulada nas diferentes axudas de integración laboral das persoas con discapacidade, pero serán incompatibles co resto das axudas reguladas nos diferentes programas de integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Referencia legislativa

Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG Nº22 do 03/02/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545625 / 981957729