Preténdese resaltar, impulsar, recoñecer e promover iniciativas concretas que sirvan de exemplo para o tecido empresarial en Galicia e indispensables para o seu fortalecemento e adaptación aos novos contornos económicos.
Premio
1. Poderán optar aos premios RSE Galicia, as empresas públicas ou privadas galegas, ou que conten con centros de traballo en Galicia que, a través das súas políticas e sistemas de xestión, desenvolvan actuacións responsables nos ámbitos social, económico e/ou ambiental, demostrando así o seu compromiso activo coa sociedade, sempre que cumpran o establecido nesta orde de convocatoria.
2. Non ter sido sancionadas, con carácter grave ou moi grave, en calquera dos ámbitos descritos nesta orde, nos tres últimos anos anteriores a esta convocatoria.
3. Non poderán optar aos premios as entidades sen ánimo de lucro.
As candidaturas poderán ser presentadas polas propias empresas que opten a estes premios ou por outra entidade que as propoña. Neste último caso, a Secretaría Xeral de Emprego informará a empresa de que foi proposta como candidata e esta deberá confirmar
se quere participar.
Todos.
Os premios RSE Galicia, en función do tipo de empresa que opte a calquera das modalidades dos premios, contarán con tres categorías:
Categoría a), pequena empresa: para empresas que ocupen ata 50 persoas, inclusive.
Categoría b), mediana empresa: para empresas que ocupen máis de 50 e ata 250 persoas, inclusive.
Categoría c), grande empresa: para empresas que ocupen máis de 250 persoas.
Os premios RSE Galicia contarán con catro modalidades ou recoñecementos:
a) Recoñecemento no ámbito social.
b) Recoñecemento no ámbito ambiental.
c) Recoñecemento no ámbito económico.
d) Recoñecemento no ámbito da conciliación laboral, familiar e persoal e promoción da igualdade de xénero.
Promoción dos premios.
1. A entidade galardoada poderá facer publicidade da dita concesión en anuncios, publicacións e memorias, especificando o ano en que foi premiada, así como publicar ou difundir a concesión do premio en calquera medio de comunicación, de acordo coa imaxe gráfica do premio desenvolvida pola entidade organizadora.
2. A Consellería de Economía, Emprego e Industria procurará a maior difusión destes premios da información, de carácter non persoal, subministrada polas empresas premiadas e finalistas en publicacións, web rse.xunta.es, redes sociais, medios de comunicación
e demais ferramentas de divulgación.
O prazo para a presentación das candidaturas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG Nº122 do 29/06/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016
As propostas das candidaturas deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as candidaturas en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.