El plazo de presentación finalizó el 30/09/2014

PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL DAS MULLERES COTITULARES OU TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS (TR340G)

Finalidad / Objetivo

Incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das mulleres cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social.

Beneficiarios potenciales

1. Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014.
b) Ter cincuenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
c) Que sexan cónxuxes ou descendentes da persoa titular da explotación agraria, sempre que este estea dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
d) Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007, modificada e ampliada pola Lei 35/2011, do 4 de outubro.

2. Mulleres de cincuenta ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:

a) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
b) Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao incluído.
c) Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.
Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.

3. Serán requisitos para poder acceder á condición de beneficiaria das axudas establecidas nesta orde que non estivesen de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, nos 6 meses inmediatamente anteriores ao mes da súa alta no sistema especial, nin percibisen subvencións ao abeiro deste programa de incentivos en anteriores convocatorias.

4. Non poderán ser beneficiarias do programa regulado nesta orde as persoas nas que concorran as circunstancias previstas no punto 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións, contidas nos puntos 4 e 5 anteriores, para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.

Sectores incentivables

Sector agrario.

Cuantía de las ayudas

A contía total da axuda será de 3.000 euros por persoa beneficiaria.


Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos.

Incompatibilidades

1. A subvención establecida neste programa é incompatible coas establecidas nos programas para a promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.

2. En ningún caso o importe da axuda concedida ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, para a mesma actuación, supere o custo da cotización á Seguridade Social satisfeita pola persoa beneficiaria correspondente a 36 mensualidades desde a data de solicitude de subvención.

A subvención establecida neste programa é compatible, de ser o caso, coas bonificacións ou reducións nas cotizacións á Seguridade Social establecidas na disposición adicional primeira da Lei 18/2007; na disposición adicional trixésimo quinta do texto refundido
da Lei da seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño; na disposición adicional décimo primeira da Lei 45/2002, do 12 de decembro, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade; ou aqueloutras previstas na normativa da Seguridade Social.

Referencia legislativa

ORDE do 13 de xuño de 2014 (DOG Nº119 do 25/06/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN E DO TRABALLO AUTÓNOMO

SERVIZO DO TRABALLO AUTÓNOMO E APOIO ÁS PERSOAS EMPRENDEDORAS
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15871 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545612 / 981545625 Fax: 981544678

SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 A CORUÑA
Teléfono: 881881582 / 981185893 Fax: 981881581

SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 LUGO
Teléfono: 982294329 / 982294385 Fax: 982294258

SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32002 OURENSE
Teléfono: 988386196 / 988386839 Fax: 988386933

SERVIZO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
R./ Concepción Arenal, nº 8, 2º
36201 VIGO
Teléfono: 986817204 / 986817077 Fax: 986817010