El plazo de presentación finalizó el 30/09/2016

AXUDA A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (TR349F)

Finalidad / Objetivo

Convocatoria para o ano 2016 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).

Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.

Requisitos principales del proyecto

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

Inversiones o gastos computables

1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se realicen polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.

3. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data na que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención non houbera outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se houbera contratado con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que con anterioridade á formalización destes contratos non se houberan realizado dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Cuantía de las ayudas

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

i. Primeira persoa traballadora indefinida:
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.

2. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Plazo de presentación de solicitudes

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2015.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde a data de publicación desta orde.

Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea.

Referencia legislativa

ORDE do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544666 Fax: 981544659