El plazo de presentación finalizó el 30/09/2013

TR370A - PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN E CONTRATACIÓN (PROGRAMA FORCON)

Finalidad / Objetivo

Facilitar a experiencia a través dun programa mixto de formación e contratación (Programa FORCON) dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións temporais cunha duración de 6 meses, a tempo completo ou a tempo parcial que se formalicen con persoas desempregadas mozos e mozas sen cualificación que participasen como alumnos na etapa formativa do programa FORCON.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias todas aquelas entidades que pertencendo aos sectores estratéxicos establecidos no plan estratéxico Galicia 2010-2014, de xuño de 2010, teñan a condición de entidades colaboradoras.

Requisitos principales del proyecto

1. As contratacións temporais deberán ter unha duración mínima inicial de 6 meses e realizarse con persoas desempregadas mozas sen cualificación que participasen como alumnos e alumnas na etapa formativa do programa Forcon, nos cursos relacionados no anexo VII desta orde e nos cursos relacionados no anexo IX da Orde do 3 de agosto de 2012.

2. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que manterse o cadro de persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

Para o cálculo do mantemento do cadro de persoal non se computarán ás persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.

3. Ao abeiro deste programa, o número de persoas traballadoras subvencionadas non poderá superar o 10 % do cadro de persoal da empresa no mes da contratación pola que se solicita subvención. Para aquelas empresas que teñan menos de 20 persoas traballadoras no mes da contratación pola cal se solicita subvención só se subvencionará unha persoa traballadora.

4. A empresa deberá informar previamente a representación legal dos traballadores das contratacións obxecto de subvención.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

a) As contratacións temporais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.

b) As contratacións temporais que se realicen con persoas desempregadas mozas sen cualificación que participasen como alumnos e alumnas na etapa formativa do programa Forcon, nos cursos relacionados no anexo IX da Orde do 3 de agosto de 2012, pola que
se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á formación e contratación –programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, sempre que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 e ata 2 meses despois da data de publicación desta orde.

c) As transformacións en indefinidos dos contratos temporais formalizados con persoas alumnas que participasen na etapa formativa do programa Forcon nos cursos relacionados no anexo IX da Orde do 3 de agosto de 2012 sempre que a transformación se realice ao rematar a vixencia destes, e ata o 30 de setembro de 2013.

Cuantía de las ayudas

As contratacións temporais realizadas incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros.

Os contratos temporais subvencionados que fosen transformados en indefinidos ao rematar a vixencia do mesmo, e ata o 30 de setembro de 2013, terán dereito a unha axuda complementaria de 2.500 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

As axudas previstas nesta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter indefinido.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2012 e a data da publicación desta orde (4/06/2013), poderán presentarse no prazo de dous meses desde a data de publicación da orde reguladora (4/08/2013).

Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Referencia legislativa

Orde do 27 de maio de 2013 (DOG Nº105 do 04/06/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013

Información y tramitación en

As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar (http://traballo.xunta.es) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Para cubrir as solicitudes poderá empregarse a aplicación informática de axuda facilitada pola Consellería de Traballo e Benestar na súa páxina web, na epígrafe de axudas e subvencións.

Información: Servizo de Apoio á Contratación por Conta Allea da Dirección Xeral de Promoción de Emprego. Tlfno: 981.544.610

Para a presentación das solicitudes de axudas as solicitantes poderán contar coa información e asesoramento dos axentes de emprego da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.