Axudar aos centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG número 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.
Todos.
Para promover o mantemento de postos de traballo poderá concederse unha subvención do custo salarial correspondente aos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade que realicen unha xornada de traballo laboral normal e que estean de alta na Seguridade Social.
Ao abeiro desta orde poderán subvencionarse os custos salariais correspondentes ás mensualidades de decembro de 2013 a xuño de 2015.
A contía da subvención determinarase de acordo coas seguintes regras:
Primeira. Ata un importe do 50 % do salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades de decembro de 2013 a xuño de 2015, para os postos de traballo ocupados polas persoas cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
O importe da subvención correspondente a cada mensualidade será de 322,65 euros ou 10,76 euros/día, en caso de períodos de traballo no mes inferiores a 30 días. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias, o importe será de 376,43 euros/mes, ou
12,55 euros/día.
Segunda. O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano.
Para os centros especiais de emprego que rateen as pagas extraordinarias o importe da subvención incluirá a parte proporcional da segunda paga extraordinaria do ano 2013, a primeira e segunda do ano 2014 e a primeira do ano 2015.
Para os centros especiais de emprego que non rateen as pagas extraordinarias a subvención incluirá as pagas extraordinarias polos períodos do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2013, do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2014, do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2014 e do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2015. Así mesmo, no suposto de cesamento da relación laboral, as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional da paga extra polos períodos traballados indicados no paragrafo anterior.
O importe da subvención correspondente a cada paga extraordinaria será de 322,65 euros ou 1,79 euros/día, en caso de períodos de traballo inferiores a 180 días.
Terceira. No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.
Deberá presentarse unha única solicitude pola subvención do custo salarial por todas as mensualidades subvencionables. O prazo para a presentación desta solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para os centros especiais de emprego que soliciten a súa cualificación e/ou inicien á súa actividade con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación anterior, por seren estes de nova creación, a solicitude deberá presentarse ata o último día do mes seguinte ao do primeiro mes polo que se solicita a subvención. Este prazo tamén é de aplicación aos supostos de ampliación da cualificación do centro especial de emprego pola apertura dun novo centro de traballo nunha provincia distinta. Nestes dous supostos o prazo para a presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de xuño de 2015, aínda que non transcorrese o prazo especifico anterior.
Orde do 8 de abril de 2014 (DOG Nº 75 do 21/04/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
CONSELLERÍA DE TRABALLO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN E DO TRABALLO AUTÓNOMO
S. INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E EMPRESAS DE INSERCIÓN
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544716 / 981544682 / 981957732 / 981957253
As solicitudes poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.