El plazo de presentación finalizó el 18/06/2011

SUBVENCIÓNS PARA MEDIDAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) (TR860A)

Finalidad / Objetivo

Fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2011.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras no momento da presentación da solicitude.
c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.

d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.

Sectores incentivables

Todos

Inversiones o gastos computables

As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas:

* Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas.

Estes sistemas ou ferramentas deberán cumprir cunhas características de eficacia, eficiencia e de recoñecemento interno e externo que permitan obter no só resultados directos senón valor engadido polo recoñecemento no mercado e na sociedade, tales como os establecidos ou recoñecidos polas iniciativas ou estándares do Pacto Mundial das Nacións Unidas, Global Reporting Iniciative (GRI), Empresa Familiarmente Responsable (EFR), ISO 26000, ISO 14000, EMAS, entre outros.
Terán cabida neste punto todas aquelas actividades de diagnóstico, deseño, avaliación interna, etc., relativas ás distintas fases que comprende a adopción dun determinado modelo. A realización destes traballos poderá ser levada a cabo por persoal da propia empresa que conte con capacidade profesional acreditada en materia de responsabilidade social ou mediante a contratación da totalidade ou parte da actividade a través dunha entidade especializada en servizos de asesoría e auditoría interna e que deberá estar homologada pola entidade propietaria do modelo de xestión.

* Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial.

Esta formación deberá ser impartida polos organismos ou entidades dedicadas á formación en calquera das súas modalidades (presencial, e-learning, posgrado, coaching, etc.) que colaboren na implantación de modelos de xestión de responsabilidade social empresarial e que estean recoñecidas polas organizacións propietarias dos modelos ou ferramentas de xestión polos que opten a empresas solicitantes.

* Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial.

Neste punto compréndese o custo da certificación por entidades independentes que estean recoñecidas polas organizacións propietarias dos sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial polos que opten as empresas.

Para estes efectos terán a consideración de gastos subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2011 ata a data de xustificación. Non serán subvencionables os gastos relativos ao funcionamento ordinario das empresas nin a adquisición de material inventariable.

Cuantía de las ayudas

A contía das axudas previstas consistirá, no aboamento do 100% dos gastos debidamente xustificados, con límite máximo por beneficiaria de:

Liña I: 5.000 €.
Liña II: 2.000 €.
Liña III: 2.000 €.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas rematará no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da norma no Diario Oficial de Galicia. Para este efecto, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con outras outorgadas para o mesmo fin pero, en ningún caso, o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria.

Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis.

Referencia legislativa

Orde do 28 de abril de 2011 (DOG Nº95 do 18/05/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

Consellería de Traballo - 981 957727