Subvencionar aos promotores de proxectos con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social dos preparadores e das preparadoras laborais contratados para levar a cabo accións de apoio ás persoas con discapacidade severa e con maiores dificultades de inserción laboral en empresas do mercado ordinario de traballo de Galicia.
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.
Promotores de proxectos de emprego con apoio e entidades beneficiarias
As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas do mercado ordinario de traballo, incluídos traballadores autónomos, que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados/as ou se comprometan a incorporalos e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.
Todos
Subvencións destinadas a financiar os custos salariais e da Seguridade Social que se xeren durante o período de desenvolvemento do proxecto de emprego con apoio, derivados da contratación de preparadores e preparadoras laborais polas entidades promotoras de emprego con apoio.
A contía das subvencións establécese en función do número de persoas traballadoras con discapacidade contratadas por unha empresa do mercado ordinario, calquera que sexa a duración do mesmo, correspondendo:
6.600 anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.
4.000 anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.
2.500 anuais por cada persoa traballadora con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65% e persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.
Estas subvencións reduciranse proporcionalmente en función da duración do contrato de cada persoas traballadora con discapacidade así como en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.
Tendo en conta a posible adecuación dos proxectos de emprego con apoio á dispersión do tecido produtivo galego, subvenciónanse os custos de desprazamento cando un mesmo preparador ou preparadora laboral teña que prestar apoios a persoas con discapacidade en centros de traballo ou empresas de distintos concellos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, in¬gresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
2. As subvencións establecidas para cada programa son incompatibles coas estableci¬das para os demais programas previstos nesta orde.
-Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (anexo B).
Estas subvencións son compatibles coas reguladas na orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o centro especial de emprego, tanto a través da unidade de apoio á actividade profesional como do proxecto de emprego con apoio, preste as accións de apoio previstas ás persoas traballadoras con discapacidade contratadas e atendidas en cada programa, coas limitacións en canto ao tempo de atención e número de persoas traballadoras que se van atender establecidas para os ditos programas.
b) Que os custos laborais e de seguridade social xerados pola contratación laboral dos preparadores ou das preparadoras laborais a que se refire o punto 1 da base novena deste anexo e os correspondentes ao período de contratación dos traballadores e traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional se imputen proporcionalmente en función da dedicación á unidade de apoio á actividade profesional ou ao proxecto de emprego con apoio, sempre que a suma total das dúas subvencións non superen tales custos.
Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 de 30/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016
Servizo de Emprego e Economía Social
Tlfnos: 981544682 / 981544716 / 981957732 / 981957253