El plazo de presentación finalizó el 30/09/2022

APROL- ECONOMÍA SOCIAL: FOMENTO DO EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS (TR802G)

Finalidad / Objetivo

Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva sometidos ao réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán acollerse as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:

a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.

c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.

d) Persoas que no momento da súa incorporación sexan persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.

A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo indefinidas da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención.

2. Tamén poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, persoas menores de 30 anos (ou menores de 35 anos cando se trate de persoas con discapacidade) que no momento da incorporación estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

3. A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

Admitirase a incorporación en condición de persoa fixa descontinua, sempre que a ocupación acade como mínimo o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas.

4. Non se poderá conceder esta subvención cando se trate da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo que tiveron tal condición na mesma cooperativa ou sociedade laboral nos dous anos anteriores á súa incorporación como socios ou socias. Tampouco poderá concederse cando se trate da incorporación de persoas polas cales se obtiveron as subvencións previstas para a incorporación como persoas socias, nos últimos 5 anos. Estas limitacións non se aplicarán no caso de que a incorporación anterior fose como persoa socia a proba.

5. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais, respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.

6. En todo caso, as cooperativas ou sociedades laborais deberán acreditar a viabilidade do seu proxecto empresarial.

Requisitos principales del proyecto

Con carácter xeral, as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

Inversiones o gastos computables

Cuantía de las ayudas

1. Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000,00 € con carácter xeral.

Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se encontra en situación ou risco de exclusión social.

c) Un 25 % se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral que cumpra as condicións definidas no artigo 5.d) desta orde.

d) Un 25 % se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.

e) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.

f) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.

g) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.

h) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Para a aplicación dos citados incrementos teranse en conta as circunstancias que consten acreditadas no momento de ditar a proposta de resolución.

2. Por cada mozo ou moza incorporado/a como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600,00 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.

3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, nos termos previstos no artigo 22.3, a contía dos incentivos previstos nos números anteriores reducirase ao 50 %.

4. A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500,00 €.

No caso de que a suma das contías que resulten en aplicación dos parágrafos anteriores sexa superior á subvención máxima que é posible outorgar, atribuiraselle a cada incorporación a contía que proporcionalmente lle corresponda.

Plazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.

Incompatibilidades

1. As subvencións previstas nesta orde serán compatibles entre si. Porén, non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de subvención previstos nesta orde.

O importe máximo das subvencións para cada finalidade deberá respectar os límites que se establecen nas bases reguladoras e en ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

2. As subvencións para o fomento do acceso á condición de persoa socia previstas no programa II resultarán compatibles coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único, así como coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

3. As subvencións establecidas no programa I e no artigo 28.1 do programa II desta orde serán incompatibles coas subvencións establecidas nos diferentes programas dirixidos ao apoio a iniciativas de emprego ou á promoción do emprego autónomo, sempre que haxa identidade entre os mesmos conceptos subvencionables. A subvención para o fomento do acceso á condición de persoa socia prevista no artigo 28.2 será compatible coa subvención para a promoción do emprego autónomo que poida corresponder polo inicio da actividade.

Referencia legislativa

Orde do 23 de decembro de 2021 (DOG nº 14 do 21/01/2022) - Bases reguladoras e convocatoria 2022


Información y tramitación en

Consellería de Emprego e Igualdade

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545679