El plazo de presentación finalizó el 30/09/2016

SUBVENCIÓNS POLA CONTRATACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA (TR343A)

Finalidad / Objetivo

Incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.

As contratacións deberán formalizarse por escrito, comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.

Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.

Tipos de apoyo

- Subvención pola contratación indefinida.
- Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral.
- Subvención pola contratación temporal.
- Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
- Subvención para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal.

Beneficiarios potenciales

Empregadores e empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuantía de las ayudas

* Subvención pola contratación indefinida

Os empregadores e empresas que contraten con carácter indefinido a persoas con discapacidade desempregadas no momento da contratación, ou procedentes de centros especiais de emprego, poderán obter unha subvención de 3.907 euros por cada traballador con discapacidade ou de 5.107 euros por cada traballadora con discapacidade.

A estas contías acumularanse os seguintes incentivos adicionais:

a) 1.000 euros, no caso da contratación indefinida de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral (persoas con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ou persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%).

b) 500 euros, no caso da contratación de traballadores ou traballadoras procedentes de centros especiais de emprego.

c) 500 euros, no caso de contratacións en empresas que teñan ata corenta e nove traballadores ou traballadoras, ou no caso de contratacións para prestar servizos en centros de traballo dun concello rural.

Serán obxecto destas subvencións e, se é o caso, dos incentivos adicionais, as transformacións en indefinidos de contratos formativos e de contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade.

* Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral

No caso de empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido a un traballador ou unha traballadora con discapacidade do enclave laboral, segundo o previsto no RD 290/2004, do 20 de febreiro, con especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario de traballo, a axuda será de ata 7.814 euros por cada persoa traballadora con discapacidade contratada a xornada completa e poderá acollerse tamén á axuda para a adaptación de postos de traballo.

Para o resto das persoas traballadoras con discapacidade do enclave laboral, as subvencións serán as establecidas con carácter xeral.

* Subvención pola contratación temporal.

Aos empregadores e empresas que contraten temporalmente, cunha duración inicial mínima do contrato de 12 meses, a persoas desempregadas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, ou procedentes de centros especiais de emprego, concederáselles unha subvención de 2.000 euros por cada traballador con discapacidade ou de 2.600 euros por cada traballadora con discapacidade.

A estas contías acumularanse os seguintes incentivos adicionais:

a) 600 euros, no caso da contratación de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.

b) 500 euros, no caso de contratacións en empresas que teñan ata corenta e nove traballadores, ou no caso de contratacións para prestar servizos en centros de traballo nun concello rural.

* Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.

Os empregadores e empresas que contraten a persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar terán dereito as seguintes axudas:

A subvención pola contratación indefinida prevista neste programa incrementada nun 50% (ata un máximo de 8.860 euros pola contratación dun home con discapacidade e 10.660 euros pola contratación dunha muller con discapacidade).
A subvención pola contratación temporal prevista neste programa incrementada nun 25% (ata un máximo de 3.875 euros pola contratación dun home con discapacidade e 4.625 euros pola contratación dunha muller con discapacidade)

Subvención para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal.

Aos empregadores que contraten a persoas con discapacidade poderá concedérselles unha subvención, compatible coas anteriores, que poderá alcanzar os 902 euros, para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade.

Plazo de presentación de solicitudes

a) As solicitudes de axudas á contratación poderanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando en todo caso o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.

b) As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando en todo caso o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.

c) As solicitudes de axudas polas contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e polas adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia: ata o 30 de xaneiro de 2016.

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

2. As subvencións establecidas para cada programa son incompatibles coas establecidas para os demais programas previstos nesta orde.

Referencia legislativa

Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

Secretaría Xeral de Emprego