El plazo de presentación finalizó el 10/04/2014

SUBVENCIÓNS ÓS TITULARES DE AUTORIZACIÓNS DE TRANSPORTE DA SERIE VT-N PARA INSTALAR SISTEMAS DE SEGURANZA, INFORMACIÓN, COBRAMENTO E LOCALIZACIÓN NOS VEHÍCULOS

Finalidad / Objetivo

Axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Os titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes para o efecto.

- Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:

a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións de que sexa titular o solicitante.

- Non poderán ser beneficiarios desta convocatoria de axudas aqueles que o fosen, respecto da mesma autorización de transportes e para o mesmo sistema, con base nas convocatorias feitas por Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro), Orde do 7 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño) e Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 13 de agosto).

Sectores incentivables

Servicio público de taxi.

Requisitos principales del proyecto

- Os solicitantes poden pedir a axuda de xeito individual para o obxecto subvencionable previsto na letra a) do artigo 1.3 desta orde (sistema GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia).

- Para que se considere subvencionable a instalación de taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas (artigo 1.3.b) deberá solicitarse simultaneamente a axuda pola colocación do sistema GPS (artigo 1.3.a), ou ben achegar documentación que xustifique que este aparello xa estaba instalado no vehículo con anterioridade.

- Só será subvencionable a instalación dun sistema de control de flotas con elementos de xestión, localización e control por satélite (artigo 1.3.c)) se simultaneamente se pide a axuda para a colocación dos sistemas previstos nas letras a e b do artigo 1.3. Porén, tamén se poderá outorgar a axuda por este motivo se se acredita ter instalados eses dous sistemas no vehículo con anterioridade.

Inversiones o gastos computables

a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Debe tratarse, por tanto, de equipamentos que estean homologados no dito centro.

b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS.

Cuantía de las ayudas

1. Os equipamentos que se prevén nestas bases como obxecto da subvención poderán acadar unha axuda económica máxima do 50 por cento do custo de cada un deles individualmente considerado. Neste incluirase tanto o prezo do propio equipamento como os gastos de colocación, man de obra, equipamento adicional necesario e verificación do seu funcionamento.

En ningún caso se considerará subvencionable o importe pagado en concepto de IVE ou outros impostos indirectos.

2. Non obstante, consideraranse como importes máximos da subvención, por equipamento e autorización, en todo caso, os seguintes:

• Sistema GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia: cincocentos euros (500 euros.

• Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas: cincocentos euros (500 euros).

• Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS: cincocentos euros (500 euros).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Esta subvención será compatible coas que poida conceder calquera outra administración pública ou organismo público ou privado, nacional ou internacional, sempre e cando, e en ningún caso, o importe das subvencións ou axudas concedidas, illada ou conxuntamente, poida ser tal que supere o custo da actividade subvencionada que debe desenvolver o beneficiario.

Referencia legislativa

Orde do 19 de febreiro de 2014 (DOG Nº 47 do 10/03/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DIRECCION XERAL DE MOBILIDADE

SUBDIRECCION XERAL DE ORDENACION DO TRANSPORTE

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544502 / 981544585
Fax: 981544351
Email: formacion.transportes@xunta.es