El plazo de presentación finalizó el 11/05/2016

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA - COOPERACIÓN ENTRE OPERADORES TURÍSTICOS PARA ORGANIZAR PROCESOS DE TRABALLO E COMPARTIR INSTALACIÓNS E RECURSOS (TU983A)

Finalidad / Objetivo

A través da dita actuación fomentarase a coordinación entre pequenos operadores económicos das áreas rurais para permitirlles adquirir en común unha escala económica da que carecen individualmente. O requisito destas iniciativas é que a participación destes axentes estea vinculada a microempresas e que o proxecto teña unha orientación comercial.

Con estas subvencións prestarase apoio a aquelas actividades que poñan en valor e dinamicen economicamente as zonas rurais a través da oferta conxunta de dous ou máis operadores turísticos.

Tipos de apoyo

Subvención en concorrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

As empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que estean inscritas conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónoma galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de xeito efectivo a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Microempresa é aquela que ocupa menos de 10 traballadores e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Para optar a estas axudas será necesaria a colaboración entre dúas ou máis empresas. Para o caso da comercialización dos paquetes turísticos subvencionados será precisa a intervención dunha axencia de viaxes como empresa agrupada, que en todo caso tamén deberá estar situada no ámbito rural de Galicia de acordo co establecido no punto 2 deste artigo e coa normativa turística en vigor.

Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Sectores incentivables

Turismo

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia.

As actividades deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR de Galicia.

A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio. No caso de Galicia, só teñen a consideración de zonas urbanas os sete concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación (só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader).

Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:

A) Produtos cabeceira de marca de Galicia.

Os produtos cabeceira de marca de Galicia, que se relacionan a continuación poden ser consultados na páxina web oficial de promoción turística, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turgalicia.es/goza-destas-experiencias

– Camiño de Santiago. Inclúense nesta epígrafe os produtos que articulen unha proposta de aloxamentos coordinados entre si para realizar por etapas os distintos camiños de Santiago en Galicia, incluíndo servizos de manutención e transfers que faciliten un paquete integral aos usuarios turísticos.

Así mesmo e de conformidade co previsto no desenvolvemento do actual Plan director do Camiño de Santiago, acción «Máis alá do Camiño», incluirase a creación e promoción de paquetes turísticos que incentiven os peregrinos a quedar en Galicia para coñecer outros aspectos da oferta turística distinta á do Camiño de Santiago.

Estas propostas ofrecerán experiencias para coñecer Galicia unha vez rematado o Camiño e impulsarán a diversificación das canles de comercialización dos produtos turísticos dirixidos aos peregrinos.

– Bosques de Galicia (natureza).

– Mananciais de Galicia (termalismo).

– Paseando entre viñedos (enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

B) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.

Ás actuacións propostas deberanse incluír aloxamentos que ofrezan cuartos familiares, xantares que recollan menús infantís e actividades adaptadas a estes colectivos. Igualmente poden ser subvencionados os paquetes turísticos en campings ou albergues xuvenís, sempre que ofrezan unidades de aloxamento pensadas especificamente para familias, xunto cun programa de lecer axeitado a esta demanda. O público obxectivo destas ofertas será o composto por familias con nenos menores de 14 anos.

C) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo senior.

A oferta debe comprender produtos que recollan especificamente o sector de idade a partir dos 55 anos. Neste caso os programas estarán enfocados a viaxes individuais, de parellas ou de pequenos grupos, con carácter diferenciador.

D) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».

Actuacións de promoción da realización de actividades turísticas que se poidan levar a cabo tendo en conta a frecuente inclemencia meteorolóxica da choiva en Galicia. O sentido desta liña promocional é ofrecer aos turistas que visitan Galicia un cartafol de produtos e opcións que fagan atractivo o destino á marxe das inclemencias climatolóxicas (turismo de compras, etc.).

E) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.

Creación de produtos innovadores no mercado turístico e que aínda non se desenvolveron en Galicia ou teñan unha escasa oferta. Poderán ser subvencionables as actividades de turismo ornitolóxico, de visualización nocturna dos ceos, de actividades de turismo deportivo non convencionais, de aventura, de degustación gastronómica en rutas especialmente preparadas, de cicloturismo, de turismo industrial, de aloxamentos que acepten mascotas, etc.

F) Creación de rutas turísticas innovadoras.

Oferta integral de aloxamentos e servizos de manutención, guías ou folletos de autoguiado para a oferta de servizos turísticos combinados que posibiliten o percorrido de rutas por Galicia que teñan un carácter altamente diferenciador da oferta existente. Así, as rutas de compras, a ruta das árbores senlleiras, a senda dos faros polo litoral de Galicia, sendas para bicicletas todo terreo polas mellores paisaxes e miradoiros de Galicia, servizos combinados que prevexan o tren como elemento de transporte alternativo, rutas en moto, ruta das praias naturistas, etc.

G) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.

Actuacións de desenvolvemento comercial e turístico do celtismo. Nesta liña temática poderanse deseñar produtos que baseándose neste substrato cultural aposten por esta liña promocional. Así, pódense propoñer rutas polos castros máis salientables, a artesanía e o deseño baseado nas estéticas castrexas, a música celta, a cosmogonía e os altares célticos, etc.

H) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.

Creación de ofertas especiais de carácter temático; como por exemplo fins de semana gastronómicas, semana musical con concertos en directo, cursos de diversa índole (enoloxía, cociña, idiomas, artesanía...), mes do teatro, da maxia, encontros literarios, turismo de compras, degustacións de produtos de tempada, ecolóxicos, catas de queixos e viños, etc.

Inversiones o gastos computables

1. Consideranse gastos subvencionables aqueles en que incorra a entidade solicitante con posterioridade á presentación da solicitude de axuda, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados neste artigo.

2. Serán gastos subvencionables os seguintes custos de investimentos e funcionamento:

a) Edición de folletos e/ou outros soportes que se vaian usar para a promoción e difusión dos produtos turísticos para comercializar obxecto desta subvención (material publicitario, merchandinsing, etc.).

b) Gastos relacionados coa organización de xornadas e realización de campañas de promoción específicas dos paquetes e servizos turísticos ofertados (publicidade en medios de comunicación convencionais, internet, revistas especializadas, etc.).

c) Viaxes de promoción e familiarización do destino Galicia, en relación cos paquetes e servizos turísticos para comercializar obxecto desta orde de subvención (gastos de xestión, aloxamentos, manutención, transportes, entrega de materiais promocionais, etc.).

d) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

e) Material inventariable: adquisición de equipos e equipamento estritamente necesarios para a realización da actuación e posta en marcha dos novos produtos propostos (bicicletas, parques infantís, material deportivo, educativo, equipamento de oficina, envases e packaging, etc.).

f) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

g) Prestación de servizos por parte de monitores especializados para desenvolver as actividades propostas.

h) Asistencias técnicas de apoio ao deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos.

3. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.

De conformidade co disposto no PDR de Galicia 2014-2020, o IVE non será subvencionable excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación estatal.

4. Os proxectos non poderán estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda e só serán subvencionables os custos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda en tempo e forma ao abeiro desta convocatoria.

Cuantía de las ayudas

A intensidade da axuda acadará o 70 % do custo elixible subvencionable. A contía da axuda non superará o importe máximo de 30.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibir os beneficiarios outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e da súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...). Tamén serán incompatibles con outras axudas encadradas en calquera dos outros eixes do PDR.

Non obstante, é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de marzo de 2016 (DOG Nº68 do 11/04/2016) - Bases reguladoras

Información y tramitación en

Información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.es

b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.

c) Enderezo electrónico: xerencia.turismo@xunta.es

d) Presencialmente.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.