El plazo de presentación finalizó el 13/06/2013

SUBVENCIÓNS PARA INCENTIVAR O TURISMO MEDIANTE A DOTACIÓN DO EQUIPAMENTO PARA EMPRESAS DE SERVIZOS TURÍSTICOS COMPLEMENTARIOS (TU983L)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dotación de equipamentos ás empresas de servizos turísticos complementarios.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teña inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), a actividade turística para a que se solicita a axuda.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Turismo

Inversiones o gastos computables

Consideraranse proxectos subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2013.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución o equipamento para a práctica de actividades deportivas e de lecer: bicicletas, piraguas, embarcacións, material de golf, sendeirismo, hípica, material náutico, escalada...).

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cuantía de las ayudas

Os proxectos que se recollen como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40 % sobre o investimento subvencionable. A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28.12.2006), deberase garantir que, no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso.

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente o en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Resolución do 2 de maio de 2013 (DOG Nº 90 do 13/05/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013

Información y tramitación en

Información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es/).

b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita axencia.

c) Enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es

d) Presencialmente.

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de novembro de 2013, para presentar a xustificación da subvención mediante a modalidade de conta xustificativa.