El plazo de presentación finalizó el 06/07/2012

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR O TURISMO ACTIVO, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto financiar os investimentos necesarios que permitan incentivar a implantación da oferta complementaria de turismo activo, actividades de lecer e tempo libre.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que
reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

De ser o caso, e segundo a natureza do investimento ou actividade proxectada, as empresas acreditarán a titularidade dos espazos onde se pretenda desenvolver a actuación ou ben, por calquera título válido en dereito, ter unha disposición sobre eles que permita
realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública, e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos espazos.

Será requisito imprescindible para a concesión destas axudas que a empresa solicitante inscriba ou teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) a actividade turística para a cal se solicita a axuda. O titular que figura no REAT ten que coincidir co solicitante e posible beneficiario da subvención para esa actividade en concreto.

Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

Sectores incentivables

Turismo

Inversiones o gastos computables

Consideraranse obxecto de subvención as seguintes liñas de actuación:

Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para o desenvolvemento de actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria.

Liña B) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de material para a práctica das actividades obxecto da convocatoria bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, material para centros BTT, etc.).

Os centros BTT son instalacións de apoio á práctica do ciclismo de montaña nas cales os usuarios poderán atopar todo tipo de Servizos e rutas para a práctica desta actividade deportiva en Galicia. Un centro BTT defínese como un produto turístico destinado a promover a bicicleta de montaña.

Liña C) Creación de novas ofertas. Gastos de promoción e difusión, así como ferramentas ou aplicacións web para a promoción e comercialización dos produtos en sitios web propios ou de terceiros (webs, redes sociais ou blogs), específicos dos produtos
desenvoltos.

Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se emprendan para a reforma ou mellora dos establecementos ou infraestruturas obxecto desta resolución como, se é o caso, a adecuación do contorno e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, por tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipamento que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra. Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpre as devanditas condicións.

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución a adquisición de terreos.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade. Os solicitantes recibirán comunicación escrita en que conste que o proxecto cumpre inicialmente as condicións de subvencionabilidade suxeita ao resultado final da súa verificación detallada, sempre que a solicitude se presente conforme o establecido nesta resolución.

Cuantía de las ayudas

• Os proxectos sinalados no punto 1.3 Liña A) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 250.000 euros.

• Os proxectos sinalados no punto 1.3 Liña B) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 100.000 euros.

• Os proxectos sinalados no punto 1.3 Liña C) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 60.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

Compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade subvencionada. Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Referencia legislativa

Resolución do 4 de xuño de 2012 (DOG Nº107 do 06/06/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Secretaría Xeral para o Turismo
http://turismo.xunta.es

b) Os teléfonos 881 99 75 94 e 981 54 74 06 e no da devandita secretaría xeral.

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de novembro de 2012.