El plazo de presentación finalizó el 06/05/2011

SUBVENCIÓNS PARA A PRODUCIÓN E PUBLICACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas neste procedemento teñen por obxecto potenciar nas empresas a produción e publicación de contidos dixitais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de apoyo

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes.

Requisitos:

- Realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Produzan e publiquen contidos dixitais segundo o establecido no artigo 2 destas bases reguladoras.
- Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión así como os demais que se prevexan nesta resolución e na normativa aplicable.
- Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; ás axudas á exportación nin ás axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; ás empresas activas na produción agrícola primaria; ás empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.

Requisitos principales del proyecto

Consideraranse actuacións que acaden o desenvolvemento curricular a través da produción e publicación de secuencias didácticas dixitais, entendéndose por secuencias didácticas dixitais a combinación secuencial de varios obxectos de aprendizaxe, medias (imaxe, audio, locución, video) e medias integradas, cunha estrutura formada por unha introdución, exploración, exercicios e avaliación, representadas en múltiples soportes expresivos (texto, audio, imaxe estática ou en movemento, e codificadas dixitalmente), de xeito que sexan accesibles polos usuarios por medios electrónicos. Estes contidos serán interactivos co usuario.

Considerarase o desenvolvemento curricular de, cando menos, dúas materias completas dun curso académico. Cada materia estará desagregada en varias secuencias didácticas formadas por obxectos de aprendizaxe encadenados. A selección destas materias corresponderá a algunha das modalidades seguintes, e valorarase o incremento na produción complementaria doutras:

Terceiro ciclo de primaria:

Modalidade 1: Coñecemento do Medio, Matemáticas e Educación Física.

Modalidade 2: Lingua galega e Literatura e Plástica.

Modalidade 3: Lingua galega e Literatura e Coñecemento do Medio

Primeiro Ciclo de Secundaria:

Modalidade 1: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Educación Plástica e Visual.

Modalidade 2: Ciencias da Natureza e Lingua Galega e Literatura.

Modalidade 3: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura.

Os contidos, que de xeito obrigatorio serán en formatos visibles mediante un navegador sen necesidade de ningun complemento instalable adicional, deberán necesariamente cumprir os criterios de accesibilidade e os Requisitos técnicos do material subvencionado (ver anexo II).

Deberá quedar perfectamente indicado o alcance, volume e detalle dos traballos que se vaian acometer, así como os investimentos necesarios para as tarefas de produción e publicación.

Quedan excluídos a produción, actualización, mellora ou publicación dos contidos corporativos da empresa solicitante ou de terceiras entidades relacionadas con ela, así como os contidos producidos para a súa emisión por radio, televisión ou salas de cine.

Cualificación requerida del proyecto

Liña A) Axudas para a produción e publicación de materiais educativos.
Liña B) Premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos.

Inversiones o gastos computables

Gastos subvencionables:

-Equipamentos da rede de datos interna: electrónica activa (conmutadores, encamiñadores (routers), barreiras de seguridade), servidores web, servidores da rede e dispositivos fixos de almacenamento da información, armarios bastidores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) necesarios para a execución do proxecto.

-Licenzas de software específico e imprescindible para o proxecto.

-Custo de persoal técnico propio con relación laboral (réxime xeral da Seguridade Social) e con dedicación ao proxecto. Considerarase a parte proporcional dedicada ao proxecto da nómina, gastos sociais ou pagas extras efectivamente pagadas dentro dos prazos considerados.


-No caso de microempresas, tamén se considerarán os custos do persoal técnico que, sendo propio da empresa solicitante, deba figurar no réxime especial de traballadores autónomos debido á normativa aplicable aos representantes legais das empresas e aos socios traballadores. Considerarase a parte proporcional dedicada ao proxecto da nómina pagada, cun límite por traballador autónomo no gasto subvencionable mensual por este concepto do dobre do salario mínimo interprofesional.

-Servizos e colaboracións externas de dixitalización dos contidos, tradución á lingua galega ou creación de ferramentas que permitan a accesibilidade aos contidos, co límite máximo do 50% do investimento subvencionable, que deberán acadar uns resultados concretos, medibles e documentados. En ningún caso estes gastos poderán supor a mera subcontratación de persoal.

Cuantía de las ayudas

Con carácter xeral, as axudas acadarán o 25% dos investimentos subvencionables recollidos nunha solicitude, salvo os supostos previstos nos puntos 3 e 5 do presente artigo ou cando a solicitude recolla unha porcentaxe inferior. Esta porcentaxe elevarase cos seguintes incrementos:

- Nun 10% adicional, para as solicitudes presentadas por medianas empresas.

- Nun 15% adicional, para as solicitudes presentadas por pequenas empresas e microempresas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para as axudas á produción e publicación de materiais educativos, e de tres meses para os premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta resolución non serán compatibles con calquera outras das reguladas por esta secretaría xeral, mais serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do gasto subvencionable e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa nacional e comunitaria aplicable. En especial, as axudas de minimis non se acumularán con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación dese lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención por categorías ou nunha decisión adoptada pola Comisión Europea.

Referencia legislativa

Resolución do 29 de marzo de 2011 (DOG Nº68 do 06/04/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

SECRETARÍA XERAL DE MODERNIZACIÓN E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Sobre estes procedementos administrativos, con códigos PR522A e PR522B, poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través das seguintes canles:

a) Páxina web oficial da Secretaría Xeral (http://imit.xunta.es), na súa epígrafe de axudas.

b) O teléfono 881 99 50 58 da devandita secretaría xeral.

c) O enderezo electrónico sxmit.axudas@xunta.es

d) Presencialmente.