As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas e de radiodifusión radicadas en Galicia que estean debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten.
Subvencións a fondo perdido
As empresas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.
Para os efectos desta resolución entenderase:
a) Por empresas xornalísticas e de radiodifusión, as que teñan por obxecto da súa actividade, entre outras, a edición e distribución de xornais diarios co mesmo título e numeración sucesiva, as empresas radiofónicas privadas e aquelas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través da internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación.
b) Por empresas radicadas en Galicia aquelas que conten cun cadro de persoal estable de cando menos cinco traballadores que presten os seus servizos no ámbito territorial de Galicia e que elaboren e difundan toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma.
As empresas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.
Empresas xornalísticas e de radiodifusión
A valoración das solicitudes presentadas basearase nos seguintes criterios:
a) Criterio referido á difusión: tiraxe de exemplares, número de lectores ou oíntes e número de visitas ou consultas.
b) Criterio referido ao emprego regular do galego por parte do medio, seguindo o establecido no Decreto 172/1982, do 17 de novembro, de normas sobre uso e ensino da lingua galega, e na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e de acordo coas normas aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003.
c) Criterio referido á porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e á difusión da identidade e cultura de Galicia.
1. Poderán solicitar as axudas obxecto destas bases as empresas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.
2. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns interiores de institucións. As publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.
b) As publicacións de distribución gratuíta.
c) As empresas que emitan a través de sinal de televisión.
d) As que, ao longo do ano 2010, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.
O crédito destinado a financiar estas axudas distribuirase proporcionalmente en aplicación dos criterios de valoración.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As axudas previstas nestas bases serán compatibles con outras axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, sempre que a acumulación de axudas non supere o custo total da actividade subvencionada e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas na normativa nacional e comunitaria aplicable.
Resolución do 11 de maio de 2011 (DOG Nº98 do 23/05/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011
As solicitudes, dirixidas ao secretario xeral de Medios, poderán presentarse preferentemente no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia,15781 San Caetano s/n, en Santiago de Compostela (A Coruña). Poderán, así mesmo, presentarse por calquera dos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992
Secretaría Xeral de Medios
Tfno: 981 545926 / 981 545923