El plazo de presentación finalizó el 01/05/2010

AXUDAS PARA FOMENTAR A PRODUCIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS DE CALIDADE DE ORIXE ANIMAL

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, e convocar estas axudas para o ano 2009

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios destas subvencións aquelas persoas xurídicas asociativas do ámbito agrario, incluídas as asociacións ou agrupacións de produtores, que apliquen programas de produción de calidade e cumpran os requisitos establecidos nesta orde e no Real decreto 1615/2007.

Sectores incentivables

Agroalimentario

Requisitos principales del proyecto

Para obter as axudas establecidas nesta orde, os solicitantes deberán desenvolver un programa de produción de calidade de acordo co recollido na letra b) do artigo 9º.2.
Os solicitantes deberán cumprir os requisitos do anexo I do Regulamento (CE) nº 70/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001.
Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Economía e Facenda).

A entidade á que se encomende a aplicación das accións previstas no regulamento de control a que se refire o artigo 9º deberá ser un organismo independente de control que estea acreditado por unha entidade de acreditación.
Os laboratorios onde se realicen as análises das mostras para a avaliación dos parámetros físicos, químicos e sanitarios dos animais e dos produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal que se consideren nos respectivos regulamentos de control deberán cumprir coa norma UNE EN ISO/IEC 17025.
Para beneficiarse do importe máximo da axuda deberanse comercializar nos establecementos incluídos no programa de produción de calidade, cando menos, un 75% dos animais e dos produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal inscritos no devandito programa. Naqueles casos en que os animais e produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal finalmente destinados ao consumo non acaden a porcentaxe indicada, a axuda reducirase proporcionalmente ata a proporción de animais ou produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal realmente comercializados.
O programa de produción de calidade deberá contar cun sistema de etiquetaxe facultativa. No caso de carne de vacún, de carne de ave e de ovos, este sistema de etiquetaxe facultativa será o establecido na lexislación vixente. No caso do leite, o programa de produción de calidade deberá cumprir coa normativa sobre implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite.

Inversiones o gastos computables

Para os efectos desta orde, poderanse conceder axudas para financiar as seguintes actividades do programa de produción de calidade:

- Asistencia técnica para estudo de mercados, e para o deseño e creación de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal.
- Implantación de programas de produción de calidade.
- Formación do persoal especificamente relacionado co programa de produción de calidade.
- Certificación dos programas de produción de calidade implantados.

Cuantía de las ayudas

O importe total das subvencións concedidas polas administracións públicas poderá chegar ata o 100% dos custos das actividades, sen que en ningún caso se superen as dispoñibilidades orzamentarias.

Os programas que se presenten de conformidade co establecido nesta orde axustaranse ás seguintes limitacións:

Como máximo un programa poderá percibir estas axudas durante cinco exercicios.
Cada programa só poderá recibir durante tres exercicios a porcentaxe máxima de axuda que se fixe para cada exercicio.
Cando un programa reciba estas subvencións catro ou cinco exercicios, o importe que poderá percibirse será, como máximo, do 40% dos gastos no cuarto exercicio, e do 30% no quinto.
As subvencións destinadas a financiar as actividades previstas nos parágrafos a) e c) do artigo 6º.1 só se poderán conceder durante un exercicio.
As subvencións destinadas a financiar a actividade prevista no parágrafo b) do artigo 6º só se poderán percibir durante dous exercicios consecutivos, e sempre e cando se trate de programas de nova creación.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda para o ano 2009 remata o 30 de xuño de 2009

Incompatibilidades

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, destinadas ao mesmo fin, o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

Referencia legislativa

Orde do 20 de marzo de 2009 (DOG Nº58 do 25/03/2009) - Bases reguladoras
Orde do 10 de xuño de 2009 (DOG Nº115 do 15/06/2009) - Ampliación prazo presentación
Orde do 18 de novembro de 2009 (DOG Nº230 do 24/11/2009) - Ampliación orzamentaria

Información y tramitación en

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, destinadas ao mesmo fin, o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.