El plazo de presentación finalizó el 30/06/2010

PLAN MOTO-E DE APOIO Á RENOVACIÓN DO PARQUE DE VEHÍCULOS DE DÚAS RODAS

Finalidad / Objetivo

Incentivar a adquisición de ciclomotores e motocicletas, manter o emprego no sector das dúas rodas e estimular a substitución de vehículos de dúas rodas antigos por outros menos contaminantes.

Tipos de apoyo

Subvencións

Beneficiarios potenciales

- Persoas Físicas
- Profesionais autónomos dados de alta no Imposto de Actividades Económicas
- Pequenas e medianas empresas (PEMES) definidas de acordo co establecido no mencionado anexo I do Regulamento (CE) n.º 800/2008 da Comisión e que cumpran os seguintes requisitos:
Que empreguen a menos de 250 persoas.
Que o seu importe neto da cifra anual de negocios non exceda de 50 millóns de euros, ou o total das partidas do activo non exceda de 43 millóns de euros.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principales del proyecto

As axudas aplicaranse para a adquisición dun ciclomotor ou motocicleta novos, que se axusten ás definicións establecidas no artigo anterior e que se matriculen en España.
Para poder obter a axuda, será requisito necesario que o beneficiario dea de baixa definitiva, mediante certificado de tratamento ambiental por parte do centro autorizado, un ciclomotor ou motocicleta matriculado en España de acordo cos seguintes criterios:
Ciclomotor de máis de cinco anos ao adquirir un ciclomotor novo.
Motocicleta de máis de cinco anos ao adquirir unha motocicleta nova de cilindrada igual ou inferior a 250 c.c.
Motocicleta de máis de sete anos ao adquirir unha motocicleta nova de máis de 250 c.c.
Así mesmo será requisito necesario que o prezo de adquisición do vehículo de dúas rodas novo non supere os 9.500 euros, IVE incluído, imposto de matriculación excluído e antes de aplicar ningunha das axudas contempladas no artigo 3 deste real decreto.
Non será subvencionable a adquisición de motocicletas de máis de 74 kW (100 CV) que teñan unha relación potencia/peso igual ou superior a 0,66.
As axudas para a adquisición dun vehículo previstas no presente real decreto outorgaranse por unha soa vez sen que caiba duplicidade en caso de sucesivas transmisións do mesmo vehículo.

Cuantía de las ayudas

Establécense tres tramos para determinar a contía individual da axuda, dependendo do vehículo a adquirir:
- Ciclomotores: 75 euros condicionados á achega dunha axuda de 150 euros polo fabricante ou importador do vehículo de dúas rodas adquirido.
- Motocicletas de até 250 c.c. inclusive: 175 euros condicionados á achega dunha axuda de 350 euros polo fabricante ou importador do vehículo de dúas rodas adquirido.
- Motocicletas de máis de 250 c.c.: 250 euros condicionados á achega dunha axuda de 500 euros polo fabricante ou importador do vehículo de dúas rodas adquirido.

Plazo de presentación de solicitudes

Ata o 30/06/2010, ou ata o esgotamento dos recursos orzamentarios

Referencia legislativa

Real Decreto 1081/2009, de 3 de xullo (BOE Nº164 do 08/07/2009) - Plan Moto-E

Información y tramitación en

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio